Teatro Calavera fixo chocolate en Coiro
Co gaio da celebración do Día das Bibliotecas , o día 23 de outubro pasmolo en grande con Teatro Calavera que fixo as delicias na biblioteca de Coiro con Chocolate.
Desfrutamos dun estupendo contacontos onde o Cociñeiro Antón reta a pasteleira Tomasa a conseguir o mellor chocolate do mundo.
Tomasa colle rumbo mar adiante en busca da árbore do cacau e consegue facer o mellor chocolate do mundo….
E todos dimos fe diso, ummm riquísimo!





