REGUEIFAS EN PADERNE

O pasado 26 outubro tivo lugar unha actuación de regueifas no Concello de Paderne. Dous regueifeiros da Asociación Oral de Galicia fixeron que o público reunido desfrutara dun obradorio en verso, acercando así un anaco da nosa cultura.
A dramatización e a improvisación foi o clave do éxito desta animada xornada, dentro do marco de actividades realizadas dende a biblioteca municipal.





