“Xogo revolto” con Teatro Marionetas Trécola na B.P.M. “El Viejo Pancho” de Ribadeo

Hoxe xoves 3 de outubro visitaron a biblioteca as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz.
Xogar é moi divertido! Xogando imaxinamos, rimos, pero… o xogo pode nun intre converterse nun pesadelo. Poden abrollar as malas palabras, insultos ou afrontas, esas cousas que nos fan sentir tan pequeniñ@s. Sen querelo, unha das nosas protagonistas fará tan pequeniñ@s aos seus amig@s que chegarán a desaparecer E agora? Como se sentirá ela, pequena ou grande? Como pode lograr que reaparezan?





