Somos iguais. Contos pola igualdade de Raquel Queizás na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son
O sábado 5 de outubro, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, a actuación de Raquel Queizás, presentando a súa obra: “Somos iguais. Contos pola igualdade”, dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia: actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lecturas públicas de titularidade municipal.
Un contacontos, que contou cunha boa afluencia de nenos e nenas, na que Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.





