Paco Nogueiras con Radio bulebule na BPM de Noia
Os ingredientes principais para a receita da mellor actuación son, sen dúbida, a diversión e a música. Pois ben, esta actuación sería un doce exquisito xa que, o venres pasado na Biblioteca de Noia tivemos cancións e divertimento a esgalla. Paco Nogueiras amosou unha grandiosa experiencia mantendo en todo momento atentos e con caras sorrintes ós cativos (e ós non tan cativos). Actividade recomendada, non cabe dúbida, para alegrar mañás ou tardes cunha función moi entretida.







