“A máquina do tempo” na Biblioteca de Outes

O martes 22 de outubro, seguindo coas actividades do Día da biblioteca, tivemos, na Biblioteca Municipal de Outes, a compañía de teatro Ghazafelhos co espectáculo: “A máquina do tempo”.
En esta ocasión, foron os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria do CEIP de Outes os que desfrutaron da obra. Dunha forma moi participativa, fomos revivindo as diferentes etapas da historia do ser humano. Actividade moi divertida e amena na que os rapaces o pasaron de marabilla e os profesores saíron encantados.




