CONTOS EN ROIS AO AIRE LIBRE CON CAXOTO
Caxoto converteuse en Rois nun barrendeiro que traballaba polo exterior da biblioteca. Aproveitando que estaban os nenos e nenas alí, regoulles que deixaran de tirar cousas ó chan, farto de recoller o lixo da xente: chicles, papeis, pano dos mocos e ata avoas en bo estado de uso!

O espectáculo foi virando cara un tono máis amable dende o que se abordaron contos, xogos e cantigas de carácter ambiental.
Grazas Caxoto e ata outro momento!




