Moito ritmo con Xoan Curiel na piscina de Boqueixón!
O venres 20 de agosto tivo lugar na piscina municipal a actuación de Xoán Curiel e a banda de verán.
A cativada e os adultos puideron gozar dunha animada tarde a cargo dos sons de música infantil e familiar moi roqueiros e terroríficamente divertidos. Completouse o aforo con preto de trinta de asistentes.
Este espectáculo que nace dun disco-libro denominado Estamos no Verán, que tamén se pode atopar na biblioteca municipal.








