Bandullo azul – Filipa cos contos
Hoxe, 14 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Baio (Zas), puidemos gozar do espectáculo de Bandullo Azul, “Filipa cos Contos”. Unha gran asistencia fixo da axencia un lugar bonito, no que se respiraba bo ambiente e se escoitaron (e participaron) nas historias que nos ofrecía cunha visión diferente de contos tradicionais.





