Elba e Marcos e os xoguetes encantados
Este sábado chegaron a nosa biblioteca Marcos e Elba dous cativos que non queren compartir os seus xoguetes, e iso non está ben, por eso os xoguetes cobran vida para darlles unha lección. Os nosos amigos de Duende Sico, ensinaron a todos os nenos e nenas de Frades que asistiron a esta actividade a importancia de compartir. A través dunha obra con monicreques moi dinámica e divertida, Elba e Marcos aprenderan esa gran leción entre xogos, bromas, cancións, sustos, feitizos máxicos e moita risa.







