Camiños de mar, terra e vento na Biblioteca de Barro. Paula Carballeira
A Biblioteca municipal de Barro comezou este sábado día 17 de setembro o camiño dun novo curso escolar da man de Paula Carballeira Cabana.
Paula, contounos que polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e aventuras fantásticas. Polos camiños do aire van quen adiviñaron como voar, coa axuda de paxaros ou alfombras, de vasoiras ou de rachas de vento. Polos camiños do mar van quen esperan atopar illas misteriosas, música feita por ondas e sereas.
O público moi animado e entregado, escolleu entre unha chea de camiños e contos 






Na biblioteca, preparamos unha mostra de
libros infantis e xuvenis coa que achergar a lectores, pais/nais, docentes e mediadores, una selección de libros cos contidos e ilustracións relacionados co mar a terra
e o vento.
e o vento.




