Día do Libro en igualdade …na biblioteca de Boqueixón

O 21 de abril preto dunha trintena de rapaces e rapazas achegáronse á nosa biblioteca para celebrar o Día do libro cun espectáculo de contacontos do máis entretido. Celtia, da Xanela do Maxín conseguíuno con Lúa quere viaxar a ….Marte, un conto cheo de aventuras que versa sobre a igualdade no que malia todos os atrancos e dificultades , a gata Lúa non está disposta a renunciar aos seus soños. O público tampouco …… e desfrutouno un montón!!!




