HISTORIAS DE BICHARRACOS
Este sábado tivemos na nosa biblioteca o espectáculo “Historias de Bicharracos” da man de Marcos Dios Aguado. Un gran espectáculo teatral, contacontos e musical que enganchou o público dende o primeiro minuto. O actor contanos a historia de Romito, un neno que esta aburrido de ver a tele e descobre un gran libro cheo de historias que lle fai ver que os libros cóntannos historias maravillosas. Un espectáculo moi recomendable na que cabe destacar a gran versatilidade do actor a hora de interpretar diferentes persoaxes e tamén a capacidade de enganchar tanto o público infantil como o adulto. Sen duda repetiremos.





