O Libro Máxico de Roberto Lolo


Este sábado celebramos na Biblioteca de Frades unha actuación para conmemorar o día do libro co gran mago “Roberto Lolo” e o seu espectáculo “O libro Máxico de Roberto Lolo”. Un show cargado de humor, ilusións e moita maxia, donde o público foi partícipe en todo momento. O artista demostrou unha gran capacidade de adaptación a todas as idades así como improvisación con ilusións que non deixaron indiferentes aos asistentes.
Foi un verdadeiro pracer encher a nosa biblioteca de tanta maxia donde os libros cobraron vida. Sen duda un espectáculo moi recomendable.




