O método regueifeiro de Lupe Blanco en Rois
O alumnado de secundaria do Cpi dos Dices gozou o 10 de maio no auditorio dunha mañá de regueifas. Lupe Blanco, unha das voces imprescindibles na expansión actual da regueifa, explicou á cativada as características desta disputa dialéctica improvisada e en verso que forma parte da nosa tradición oral.
Os nenos e nenas tamén tomaron a palabra con moitas arte e demostraron que teñen madeira para regueifar.
A actividade forma parte da iniciativa ALinguamos cos centros educativos que o Concello inclúe na programación Rois no Camiño das Letras Galegas e forma parte do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
#OCamiñodasLetrasRois #maioenRois #RoiscoasLetrasGalegas #regueifas #concelloderois #lercontamoito




