“A gaita galega” con Antón Ke na B.P.M. “Manuel María” de Oleiros
O martes, 8 de outubro, desfrutamos con Antón Ke e Tania Solla admirando e participando dun conto ilustrado e poemas musicados ao ukelele sobre a obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos. Ademais de pasalo moi ben esta actividade fíxonos reflexionar sobre a importancia do entendemento e o uso da nosa lingua.





