Obradoiro de maxia a cargo do Meigo Albert na B.P.M. “Manuel María” de Oleiros
O martes, 4 de outubro, o Meigo Albert ensinounos a elaborar e a utilizar a nosa propia variña máxica e unha chea de cousas máis.
Pasámolo estupendamente !!!
O martes, 27 de setembro, tivo lugar na biblioteca “Manuel María” de Oleiros o obradoiro de creación de esculturas de papel PAPELARTE.
As nenas e os nenos crearon pequenas esculturas baseadas na literatura utilizando papeis reciclados e engrudo.
Moitas grazas Electra por ensinarnos a elaborar verdadeiras obras de arte con materiais accesibles, sostibles e duradeiros !!!!
O martes, 20 de setembro, tivo lugar na biblioteca de Oleiros o obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”.
As nenas e nenos que participaron nesta actividade crearon, con pezas de lego, diferentes obxectos que programaron para que executaran diferentes accións como por exemplo un caracol que se ilumina e canta ou un robot espía que nos avisa cando unha persoa entra na biblioteca.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e sobre todo aprendimos moito sobre que é un robot, cómo funciona e para que sirve.
O martes, 5 de outubro, tivemos o pracer de escoitar a Iván Davila que achegou aos máis cativos historias tradicionais do medio rural galego. Transmitiunos, entre outras cousas, a importancia de contar e compartir a cultura e tamén do coidado e respecto da natureza.
O martes, 21 de setembro, pasámolo estupendamente na compaña de Lucía e Paula que nos trouxeron unha chea de historias que atoparon nun gran libro secreto e que nos transmitiron valores moi importantes como é a igualdade.
María achegounos a Guatemala a través dos 5 sentidos. Explicounos onde está, a que ule, a que sabe, as roupas e costumes das súas xentes… Todas as nenas e nenos recibiron como agasallo un exemplar da colección Contos do Mundo para seguir traballando a interculturalidade.
Que ben o pasamos e canto aprendimos!!!!
O martes, 29 de setembro, pasamos unha tarde divertidísima co Mago Paco que nos trouxo unha chea de historias, xogos e por suposto moita maxia.
LIBROS + IMAXINACIÓN = MAXIA
O martes, 22 de setembro, Charo Pita agasallounos cunha sesión de contos moi divertida na que non faltou a música de guitarra. As nenas e os nenos disfrutaron, no colo das súas nais, dunha chea de historias contadas con moito humor e dozura.
Séguenos