Cris de Caldas e Candelaria a “Estrafalaria”
O pasado venres 11 de Outubro arrincamos a nova edición de “Outono de Contos” un programa municipal de carácter anual que ten como obxectivo acercar a todos, e especialmente ós máis pequenos, ó hábito da lectura, dun xeito entretido e dinámico.
Este ano inauguramos ca actuación de Cris de Caldas, que, da man da bibliotecaria que más sabe de contos Candelaria a “estrafalaria”, recomendounos a selección de contos infantís máis abraiantes que están ó noso alcance nas bibliotecas e librerías,
Cris acompañounos a través de diversos contos e libros, ensinándonos que entre as páxinas dos libros, grandes ou pequenos, pódese viaxar, soñar e imaxinar, ó tempo que aprendemos sobre o mundo que nos rodea e sobre nos mesmos.








