Maxia tola e lectora na Biblioteca de Mera
Na B.P.M. Mª José Trincado (Mera) tivemos unha tarde che de maxia coa visita de Leo Leíño na sesión Maxia tola e lectora.
Este espectáculo de teatro infantil combina a maxia, o humor e a narrativa, creando un ambiente único que fomenta o amor pola lectura e a imaxinación. Leo e a súa axudante Cris levan ás nenas e nenos a un mundo cheo de sorpresas mediante as súas habilidades máxicas e o seu agudo sentido do humor convidando ao público a participar nas súas aventuras.




