O xogo das escritoras
Ela Sabe veu pasar a tarde connosco a Conxo.
Convidounos a participar na súa oca xigante na que o taboleiro é circular. Non hai máis meta que a diversión e o aprendizaxe.

Falamos de autoras como J.K. Rowling, á que a súa editorial aconsellou poñer esas iniciais porque os libros de maxia non estaban asociados a mulleres.
Tamén de Safo na Antiga Grecia. Pero tamén de escritoras fóra do foco occidental.
Como Chimamanda Ngozi, nixeriana que loita contra as discriminacións raciais ou Marjane Satrapi, que triunfou amosando a súa sociedade en Persépole.
Rematamos a actividade debuxando monstros terroríficos e escoitando a un grupo de pequenas cantareiras.





