Os contos do gato, Biblioteca de Vilalonga.
Onte á tarde visitounos na Biblioteca
de Vilalonga un simpático amigo, Fazulas, un gato moi divertido e curioso. Quería saber moitas cousas, por iso facía un millón de preguntas, e para saber a resposta, non dubidaba en consultar con expertos que lle facilitasen a información . Unha das cuestións que quería descubrir era a cor do vento, e apartir de aí, realiza unha pequena investigación ata alcanzar un sorprendente resultado.




