“Mulleres nas letras galegas” na biblioteca de Silleda
O pasado 21 de maio celebramos as letras galegas na biblioteca con Antón Ké, cun contacontos ilustrado e musicado ao ukelele baseado na vida e obra das mulleres homenaxeadas neste sinalado día. Pasamos unha tarde estupenda cun espectáculo moi animado que fixo desfrutar moito aos alí presentes.






