Día das Bibliotecas en Trazo

Este sábado celebramos o Día das Bibliotecas coa actuación Contos Animados de AC Os Carballiños. Unha mañá chea de risas e maxia, onde @s máis pequen@s descubriron moitas cousas sobre as diferentes mascotas que a Manoliño gustaríalle ter. Tampouco faltou a música e un xogo de mímica no que @s nen@s foron @s protagonistas.




