BiblioCanta
A Biblioteca acolleu recentemente unha sesión de contacontos moi especial que encheu o espazo de música, ritmo e moita diversión. A actividade, que correu a cargo de Eduvía Teatro, estivo centrada nas cantigas e nos ditos populares da nosa terra.
Os máis pequenos puideron viaxar no tempo a través das palabras, participando activamente na sesión mentres formaban corros e danzaban ao ritmo da nosa tradición oral. Foi unha xornada sumamente divertida e enriquecedora que amosa a importancia de achegar o patrimonio cultural á infancia dun xeito lúdico.





