Contos ao revés en Carnota, da man de Xanela Ocio

O venres, 1 de agosto, Xanela Ocio trouxo a Carnota un feixe de contos ao revés, narracións clásicas revisadas, con inversión dos roles tradicionais, orientadas a fomentar a igualdade e o respecto aos demais entre os máis pequenos.




