Pinga Teatro na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”

O día 8 de outubro, durante case unha hora, Pinga Teatro engaiolou ás crianzas de 4 a 11 anos. Ao principio con contos de bruxas e apócemas, crocodilos namorados e a paticipación tanto do público infantil como adulto. Con guitarras incribles e cancións divertidas tivemos unha variada sesión de contacontos.




