Ana Hermida entretivo aos pequenos e non tan pequenos coa posta en escena do contacontos “Contando en Feminino”. Os asistentes aprenderon imaxinando e deixando atrás o rol feminino que teñen os contos de sempre cara algo mellor, cheo de igualdade e respeto. Ana foi moi divertida e cercana co público asistente!
O sábado 16 de maio ás 12:00, Ana Hermida tivo unha sesión de contacontos pola igualdade na sala infantil da biblioteca de Chantada. Os asistentes puidemos disfrutar dunha amena sesión de contacontos sobre a igualdade de sexos.
Unha bonita maneira de aprender xogando, revaloriza os valores de igualdade e respeto. Atrae a atención dos pequenos coa fantasía para ensinarlles a realidade. Espectacular, entretida, divertida…… para repetir polo contido e desenvolvemento!!
O xoves 25 de Abril gozamos na Biblioteca de Chapela dun momento máxico con Ana Hermida, unha incomparable recitadora de Rosalía de Castro.Caracterizada como a poeta de Padrón, e a través de versos, pero tamén daqueles textos en prosa menos coñecidos da súa obra, a nosa intérprete nos achegou unha faceta bastante diferente de Rosalía: […]
Ana Hermida de Lisístrata traenos uns monicreques maravillosos… Pitusiña e unha nena arrichada que sinte o galego, pensa, fala e xoga en galego. Decide facer unha viaxe pola historia de Galicia onde atopará persoeiros que lle farán entender o porqué de moitas cousas (Rosalía, Castelao…). Asistiron nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do […]
Unha tarde, a de onte na axencia de lectura de Vilariño (Cambados), chea de historias sobre mulleres invisibilizadas ao longo da historia. Reflexionamos e aprendemos unha morea sobre igualdade da man de Ana Hermida.
Onte, cós mellores referentes, pasamos unha divertida tarde de temporal… Gracias a Ana Hermida.
Ana Hermida da Asociación Lisístrata este mércores 9 de outubro estivo connosco coa súa actividade “Contando en Feminino”. Historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogou e contou […]
O pasado mércores 11 de setembro os nenos e nena que se achegaron a nosa biblioteca participaron dunha sesión, na que da man de Ana Hermida e contos coma Historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina ou Maruxa, entre outros, xogaron, escoitaron e reflexionaron sobre a igualdade entre xéneros.
O pasado xoves os rapaces e rapazas que se achegaron á biblioteca de Bertamiráns participaron dunha sesión ben interesante. Da man de Ana Hermida e de contos coma Artur e Clementina, Maruxa ou A historia dos bonobos con lentes entre outros.. xogaron, escoitaron, compartiron e refelexionaron sobre a igualdade entre xéneros.
Séguenos