ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA DE LAXE
O martes 1 de outubro visitounos Juan para achegarlle ós nenos de 8 e 9 anos o sistema solar. Para elo apoiouse no traballo desenvolto polas mulleres na ciencia astronómica.
O martes 1 de outubro visitounos Juan para achegarlle ós nenos de 8 e 9 anos o sistema solar. Para elo apoiouse no traballo desenvolto polas mulleres na ciencia astronómica.
Javier Muro foi o encargado de impartir a actividade “Maxia pola igualdade” para os nenos de 11 anos do CPI de laxe. A maxia non é cuestión de homes nin de mulleres senon que é de persoas. Os xoguetes non teñen sexo e son aptos para tódalas persoas. Orredor de 30 rapaces disfrutaron co mago Javier Muro.

Obradoiro de animación baseado no achegamento á ilustración despñois de escoitar a narración de contos. Quince nenos de ata 8 anos remataron a sesión elaborando a súa propia ilustración.
Cociñando un conto no restaurante “Biblioteca Antón Zapata de Laxe”.

Este martes estivo cos nenos de 4º de primaria “D. Luís Seoane” da man de Crearte Servizos Culturais. O desenvolvemento da actividade permitiu achegar os nenos a figura de Luís Seoane e maís concretamente a súa obra. As diferentes artes estiveron conectadas nesta presentación.

Patricia de “O faiado de nin” ensinou os nenos como facer una bolsa ou una mochila para levar os libros ou outras cousas. Cada neno marchou satisfeito da actividade. Traballaron con telas, abalorios, etc . As bolsas fantásticas. Non se tira nada todo ten otros usos se queremos.
H0xe estivo Elisabet cos alumnos de primaria do CPI de Laxe amosándolle as virtudes da técnica zentagle tanto a nivel creación artística como de desconexión persoal. Os rapaces de 6º de primaria fixeron un caderno empregando patróns de fermosas imaxes saíndo moi satisfeitos da experiencia.

Obradoiro sobre a escrita e a diversidade sexual a partir da súa obra “22 segundos”. Asistiron 26 alumnos de 3º e 4º de ESO do CPI Cabodarea de laxe. Foi unha boa actividade para aprender a respetar “os diferentes” a partir dun exercicio de empatía. 
Hoxe a mañán o nenos de primeiro de primaria tiveron a sorte de traballar ilustrando un conto co monitor da entidade “Menos da unha pedra”. Entre pinturas e coas mans fixeron o seu primeiro traballo ilustrado.

Ana Leira co grupo Leira Trío presentou en Laxe o seu espectáculo “Relatos en clave de Fa” o día 15 de outubro. Os nenos máis cativos escoitaron contos musicalizados e colaboraron participando da animación.


Séguenos