TALLER DE CÓMIC EN CELANOVA
O futuro da ilustración do noso país estivo hoxe a ter a súa primeira toma de contacto na biblioteca de Celanova. Creatividade e ilusión a partes iguais
O futuro da ilustración do noso país estivo hoxe a ter a súa primeira toma de contacto na biblioteca de Celanova. Creatividade e ilusión a partes iguais
A pesar de todos os incovenientes os rapaces de Celanova puderon desfrutar deste taller de maxia. A ilusión dos cativos é a mellor recompensa.
Para conmemorar o Día da Biblioteca hoxe estivemos en compaña de Musicarte co espectáculo Titiribaile. Unha tarde divertida para grandes e maiores.
Unha tarde máis, a biblioteca de Celanova foi o escenario perfecto para que os cativos da vila disfruten dunha actividade lúdica pero chea de compromiso pola igualdade. Aprenden eles e tamén disfrutan seus pais.
Onte tivemos unha divertida tarde de maxia para toda a familia en Celanova. Os trucos do Mago Pedro Bugarín fixeron as delicias dos máis cativos e proporcionaron un rato moi agradable os seus acompañantes.
Onte tivo lugar na nosa biblioteca unha sesión de contacontos coa finalidade que salientar a igualdade entre xéneros. Os cativos de Celanova tiveron unha achega lúdica a este tema acompañados polos seus pais.
Boas vibracións nos rapaces que acudiron hoxe as diferentes sesións de escape room que se desenvolveron na biblioteca de Celanova.
Rápidos e áxiles, conseguiron liberar a alicia das garras da malvada raiña
Hoxe, na biblioteca de Celanova, tivemos a visita de Ian & Elisa que nos aprenderon a facer montón de cousas con globos. Foi unha mañá moi divertida, compaxinando maxia, música e globos. O ideal para cativos creativos e de paso fixeron unha pequena incursión co inglés.
A BPM de Celanova celebra hoxe o Día da Biblioteca cun espectáculo de máxia. Os nenos están encantados con que a nosa biblioteca reciba unha visita tan agarimosa como a de Leo Leiño.
É unha boa combinación, a expectación da maxia e os novos descubrimentos da lectura.
Hoxe, os cativos de Celanova e da man do mago Pedro Bugarín, poderon atisbar un pouquiño das artes máxicas grazas o seu obradoiro Obramaxia 2.0.
É toda unha ledicia ver as caras de ilusión dos nosos rapaces.


Séguenos