O sábado 18 de outubro Eduvia deleitounos cun repertorio de contos máxicos nos que amosaron valores como a convivencia, a igualdade, o respeto ao medio ambiente e o traballo en equipo.
O sábado 11 de outubro Soledad Felloza vai contando con xestos, ademáns e acenos os libros rechamantes e troquelados que vai quitando dunha maleta. De cando en vez canta cancións nas que os nenos teñen que participar o que provoca moita implicación tanto de nenos como de pais absolutamente atentos.
Charo Pita mediante palabras, trabalinguas, contos, algún silencio, xogos, cancións arrolantes e sons sorprendentes conseguiu atrapar a atención de nenos e pais.
O sábado 4 de outubro Trinketrinke Teatro no espetáculo teatral “Non máis guerra” acadou o obxetivo de fomentar valores como a paz e fomentar o uso da biblioteca e a lectura a través deste divertido, musical e participativo contacontos teatral.
O xoves 22 de maio, nunha sala repleta de nenos e nenas moi atentos, Marisa irimia narrou “Contos de marmeleiro, anís e limón”: unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais. A actividade estivo moi axeitada as idades dos nenos.
O martes 13 de maio, os nenos dirixidos polo Teatro Babaluva, aprenderon a deseñar o retrato de Xosé Díaz Castro en estilo cubista e aplicando a técnica do colaxe, mentres lle contaban detalles da súa biografía.
O sábado día 10 de maio grandes e pequenos disfrutaron na actividade ” Moito conto” de Cucarandainas. Os nenos participaron gustosos na escenificación dos contos. Resultou unha sesión de contacontos moi entretida.
O xoves 8 de maio ás 18 horas Forma Teatro desenrrolou a actividade para nenos menores de 3 anos ” Bebecontos de Choupiña e Trasnón” na que conxugaron música, baile, teatro e contos. Para rematar agasallaron aos nenos cunhas flores de papel.
O día 26 de abril o contacontos “A orixe” de Raquel Queizás foi un éxito. Os nenos participaron na actividade relacionando sons e bailes cos diferentes continentes.O espacio quedou pequeno para o gran número de rapaces de diferentes edades que acudiron.
O xoves día 24 de abril o grupo Migallas Teatro interpretou contos para bebés, “Os contos do chupete”, na que integraron música, teatro e literatura. Tanto rapaces como pais divertíronse moitísimo. Resultou moi entretido.


Séguenos