O mércores 23 de abril a Biblioteca Pública Juan Compañel, en Vigo, celebrou “O Día Internacional do Libro” coa actividade “Marcapáxinas-lupa no día do libro, para guiar a lectura do Quixote” na que tras a lectura dunhas páxinas do Quixote, os rapaces fixeron o seu propio marcapáxinas.

O xoves 10 de abril Avoa Youja recreou o nacemento dunha árbore con música e imaxes creadas con xogos de luces e auga. Resultou moi axeitada para os mais cativos (de 0 a 3 anos) polo carácter visual e relaxante da actividade. Mantivo a atención -cousa tan difícil en bebés- e gustou tanto aos nenos coma os pais.
O día 5 de abril en “Os Sábados, conto” Trinketrinke Teatro, con vestuario de ratos, fixo unha actuación moi orixinal. Elaborou receitas sinxelas para que os rapaces despois as poideran facer na casa, coa mensaxe de aprender a comer san. Conseguiron manter a atención dos nenos de principio a fin.
O mércores 2 de abril o grupo “Polo Correo do Vento” desenvolveu actividade “A volta ao mundo en oito máquinas” . Os rapaces quedaron encantados de participar activamente no espectáculo que conxuga música, teatro e contacontos.


Séguenos