Contos e música pola igualdade con María Faltri e Jorge Juncal en Meaño

O día 10 de outubro contamos coa actuación de María Faltri e Jorge Juncal co espectáculo “Soñando Inventei”, onde ela soña con sentirse en paz sin ser xulgada polo seu aspecto e decide emprender a súa viaxe cara ó cambio e manifestar o seu poder interior.










F
átima Fernández deleitounos con contos que recordaba que llos contaba seu avó, sucesos ocorridos en Foz, a norte dunha nena que foir tirada polo seu pai ó río. A historia dun labrego que non quería traballar e converteuse en ladrón de luba branca e logo casou cunha ladroa e tiveron unha filla que naceu cun problema na man e co tempo descubriron que non eran quen de abrila por que tiña nela o anel da matrona que a axudou a nacer. Un gaiteiro que foi andando para Mondoñedo e non fixo caso da advertencia de que polo camino había lobos, atopouse cun e pensou que como a música amansa ás feras pois tocoulle cancións, pero apareceu un lobo xordo que o terminou papando. E por último unha historia de amor entre dous mozos que se coñeceron cando o mozo estaba facendo a mili, cando este rematou marchou e estiveron 30 anos sen verse, o voltarse a encontrar os dous eran viuvos e decidiron xuntarse e viven nunha residencia de anciás.






Séguenos