Patrimonio Natural na Biblioteca de Vilalonga (Sanxenxo)
O xoves 30 de setembro, “Mamá cabra” visitou a Biblioteca de Vilalonga. Contaron historias coas súas cancións, onde o tema principal foi o coidado da natureza.


O xoves 30 de setembro, “Mamá cabra” visitou a Biblioteca de Vilalonga. Contaron historias coas súas cancións, onde o tema principal foi o coidado da natureza.


O xoves 23 de setembro, tivemos a visita de “Tropa de trapo”, con historias de mulleres, mulleres protagonistas con voz propia. Catro contos de nenas, vencendo medos e resolvendo problemas..

Este martes 29 de setembro, visitounos Migallas Teatro na biblioteca de Vilalonga, tivemos unha sesión



de contos tradicionais e de creación propia, transmitidos a través de cancións, música e sons.. tamén adiviñas musicais que divertiron ós ne@s.
Na tarde de onte, coincidindo co día das bibliotecas, visitounos Larraitz, para falarnos do contexto histórico dos anos en que Antón Fraguas era un neno, e de como se divertía este neno cos medios de que dispoñía na súa casa e na súa infancia, mostrounos como se facían os xoguetes naquela época, con panos, cordas, elementos da natureza: mazarocas, carozos de millo, paus, palla, etc. Un pequeno obradoiro acompañado de folclore popular de esa época con cancións xa esquencidas para moitos..



A continuación,una divertidísima sesión de títeres, a historia de Dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vencendo ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.
A compañía Elefante Elegante, co seu conto “O Xigante” visitounos o venres 18, para levarnos a un reino distante, onde un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou.. ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para el. Con un bonito decorado fenómenos atmósfericos de choiva, neve e vento, creouse unha atmosfera especial, onde todos os nenos estaban impacientes de saber o final.
.

Onte luns 14 as 17.30h, con” Xogo Revolto” da man de teatro Trécola, asistimos a un xogo superdivertido, pero como todos os xogos nun intre pode convertirse nun pesadelo, con malas palabras, afrontas, sen querelo un dos protagonistas fai pequeniños aos seus amigos, espectantes de ver como se arranxa o xogo, asistimos a un gran final.

Dani Blanco, co seu circo desmelenado, visitounos este xoves na biblioteca. Presentou un espectáculo de circo, maxia e malabares encandeando aos nenos e nenas asistentes ao acto; Reservando para o final unha sorpresa que non deixou indiferente a ninguén.
o

Na biblioteca de Vilalonga o 13 de setembro, Trémola Teatro, representou para nenos de 6 meses a 4 anos unha sesión de dinamización con música, teatro e danza. A través de diferentes elementos sensoriais os máis pequenos, coñeceron a distintos animais, cos que tiveron a oportunidade de xogar e bailar.
Na víspera da festividade do samaín, tivemos a visita de Pavís Pavós na Biblioteca de Vilalonga; coincidindo con esta festa a temática escollida dos contos non podia ser outra que de medo, os nenos e nenas moi receptivos e desexando pasar moito medo, estaban impacientes por escoitar relatos de terror, coa “bruxa regañadentes”, “Tío Lobo”, “Xan e Pericán”, pasaron unha tarde terrorificamente divertida
.
Onte celebramos o “Día da Biblioteca” con nenos de 3 a 10 anos. Un espectáculo de “Maxia e contos” a cargo de Manuel Solla, onde combinou a narración do conto a
“Princesa dos labios de fresa” con divertidos trucos de maxia que fixeron as delicias dos numerosos asistentes a este acto.
.



Séguenos