“O lobo Bobo”, visita a Biblioteca de Vilalonga
A compañía de teatro elefanteelegante, presentounos un espectáculo onde mistura os contos de sempre, dando lugar a unha nova historia na que conviven a poesía, música, comicidade e teatro xestual.
Foi unha posta en escea interactiva, onde as marionetas cobran vida nas casas que aparecen diante dos espectadores, ao fio da narración das novas aventuras das personaxes de sempre.
Unha tarde moi divertida que deixounos ganas de máis.











Séguenos