IRIA PINHEIRO EN TORDOIA
Iria Pinheiro achegounos onte a Tordoia o espectáculo “Festa”, no cal nos contou uns contiños coa participación dos rapaces e rapazas que interpretaron a diferentes personaxes dos contos.

Iria Pinheiro achegounos onte a Tordoia o espectáculo “Festa”, no cal nos contou uns contiños coa participación dos rapaces e rapazas que interpretaron a diferentes personaxes dos contos.

O Bardo Abelardo achegounos o espectáculo “O son das linguas” a Tordoia onde os máis pequenos gozaron de cantigas tradicionais participativas en varias linguas e participaron en xogos rítimicos.

Eduvía presentou onte en Tordoia un contacontos sensorial na que os pequenos e pequenas puideron compartir esta experiencia coas palabras, cantigas e contos á vez que puideron manipular obxectos e gozar desta experiencia.


Onte recibimos a visita do rato Fuco os Ratos de Lonxedetodo da man de Trinke Trinke teatro.Tróuxonos cancións en directo e algúns contiños que nos fixeron pasar unha mañán moi entretida.


Esta mañá gozamos dos contos e cancións, acompañadas de acordeón, do rato Fuco, que nos presentou ao caracol namorado e á ra Lola.



Onte, os nenos e nenas de Tordoia coñeceron da man de Raquel de OQO o conto de Maruxa. Con el traballaron a igualdade a e elaboraron un obradoiro de pan coas personaxes do conto. Pasárono en grande.


Onte pasamos unha mañá do máis divertida escoitando os contos de Animar-t da man de Xiada, que coa súa preciosa voz fixo as delicias dos pequenos e pequenas de Tordoia. Ademais, encantáronnos os seus monicreques e o acompañamento musical.

Carballo con botas achegouse ata Tordoia para facer as delicias dos/as nosos/as pequerrechos/as cos seus contos e a súa ciclobiblioteca.
Hoxe contamos coa actuación de Vero Rilo para nenos e nenas de infantil, que desfrutaron dos contos de igualdade que lles trouxo.

Os contos da leiteira da mande OQO dá voz a historias de mulleres representadas por animais, cotnos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou gatos facehndosos que os fan concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade. 



Séguenos