OBRADOIRO CREATIVO EN CURTIS: DIVERSIMONSTROS
O día 6 de Xuño, Anxo Fariña veu comprobar a creatividade dos nosos cativos.
O obradoiro foi todo un éxito, os rapaces debuxaron, pintaron e aprenderon sobre a diversidade.
Agardamos verte pronto Anxo!!!

O día 6 de Xuño, Anxo Fariña veu comprobar a creatividade dos nosos cativos.
O obradoiro foi todo un éxito, os rapaces debuxaron, pintaron e aprenderon sobre a diversidade.
Agardamos verte pronto Anxo!!!

Onte visitáronnos os amigos de Ciencia Divertida.
Os usuarios e usuarias da nosa biblio aprenderon un pouco máis sobre as obras de Julio Verne e sobre ciencia.
Ofreceron unha chea de experimentos nos que puido participar a rapazada e pasar un rato divertido.
Agardamos volver a vervos pronto, amigos de Ciencia Divertida.

Este venres en Teixeiro, recibimos a visita de Fran e Filipa.
Foi unha tarde moi divertida, onde nos fixeron rir moito coas súas historias e cancións.

O venres tivemos o pracer de disfrutar do concerto que ofreceron Jorge Juncal e María Faltri.
Soñando Inventei é un espectáculo no que o público participa acompañando as cancións a través das cales se traballa a diversidade e igualdade de xénero a través das cancións.
Concerto cheo de música e poesía baseado no libro “Fantasía coas Palabras” que fixo que os asistentes pasaran unha boa tarde

Agardamos poder volver a escoitalos, foi todo un pracer.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TEIXEIRO
O pasado día 12, Xoán Curiel visitou Teixeiro co conto-concerto para montar a túa “Banda de Verá”.
Xoán soubo captar a atención dos asistentes, que participaron acompañando a súa actuación.
Esperamos velo outra vez!!!



Deixamos unha imaxe do Escape Room Atrapados con Alicia que se celebrou o pasado día 25 de outubro na biblioteca de Teixeiro.
Os rapaces e rapazas disfrutaron moito desta actividade.
O día 18 de outubro cometeuse un crime na nosa biblioteca. Os nosos usuarios máis novos foron capaces de resolvelo, coas indicacións que lles deu o noso amigo de ” Efervescencia”.
Tarde divertidísima!!!!!

O día 18 de outubro visitou a nosa biblioteca “Ciencia en Ruta”.
Comenzou o obradoiro cunha pequena explicación de algúns principios físicos sinxelos, para logo dar paso a elaboración dos foguetes, que como non, houbo que probar.
Todo un éxito!!!


O día 4 de outubro celebrouse un obradoiro de marionetas de variñas, que foi todo un éxito.


Séguenos