Entre quiquiriquís e cocoricós chegou a Neda o Curral de Cocoricó
Charo Pita fixo as delicias dos e das máis pequenas e os seus acompañantes xogando con cancións, onomatopeias e contos de animais. Unha sesión moi interactiva. 
Charo Pita fixo as delicias dos e das máis pequenas e os seus acompañantes xogando con cancións, onomatopeias e contos de animais. Unha sesión moi interactiva. 
Na Casa da Cultura de Neda devecemos polas visitas da compañía Elefante Elegante. Desta volta o actor Gonzalo Guerreiro carrrexou ata aquí o espectáculo de contacontos “Lobo Bobo”.
As cativas e cativos de infantil dos colexios San isidro e Maciñeira ficaron abraiados ante a maestría de Gonzalo á hora de darlles unha volta aos contos máis coñecidos da tradición oral. Humor, mímica e poesía xuntos: unha mistura ideal que nos mantivo a todos pendentes das historias deste Lobo Bobo.

Onte luns 25 de outubro, na Casa da Cultura de Neda tivemos Romaría. Os nenos e nenas de 1º 2º e 3º dos colexios San isidro e Maciñeira estiraron todo o que puideron as orellas para escoitar as historias máis abraiantes. Entre recollida de patacas, bandas de música, circos, venta de bestas e festexos, Raquel Queizás fíxnos pasar unha ledísima mañá.

O pasado luns 18 de setembro os nenos e nenas de 4º 5º e 6º dos colexios San Isidro e Maciñeira do concello de Neda, tiveron a oportunidade de desfrutar dunha sesión de maxia e contos da man do Mago Paco.

Grazas ao mago Paco a mañá do luns foi máxica!

O sábado 15 de outubro os nenos e as nenas máis pequenos de Neda desfrutaron dunha sesión de contacontos na que bailaron e cantaron xunto cos seus pais algunhas pezas do cancioneiro tradicional galego. Unha tarde moi entretida que axudou a que todos nos coñeceramos ou lembraramos estas pezas tan nosas, para continuar con elas a nosa tradición oral. 

O luns 3 de outubro os nenos e nenas de infantil dos CEIP San Isidro e Maciñeira desfrutaron dos contos escenificados de Nanoteatro. Unhas historias moi animadas, con moitas cancións e bailes nos que todos e todas participaron. Un pracer a vosa visita. ![IMG_1338[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/10/IMG_13381-690x518.jpg)
![IMG_1342[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/10/IMG_13421-690x518.jpg)
O luns 26 de setembro os nenos e nenas dos CEIP San Isidro e Maciñeira, dos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria, desfrutaron das cancións de Luis Vallecillo, cantando e bailando como magníficos espectadores dun gran “concerto”. Setenta rapaces e rapazas pasaron un moi bon rato con este entretido contacontos. Ata a próxima Luis!![IMG_1307[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/09/IMG_13071-690x518.jpg)
![IMG_1309[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/09/IMG_13091-690x518.jpg)
O luns 19 de setembro, os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIP San Isidro e Maciñeira de Neda, degustaron os saborosos contos de marmeleiro, anís e limón de Marisa Irimia. Unha sesión moi entretida na que arredor de 70 nenos e nenas participaron activamente nos contos, interactuando en todo momento coa sempre encantadora Marisa, e rematando cos seus característicos foguetes de despedida.


Agarimosa actividade de Palma repalma para os máis pequenos, o sábado 17 de outubro, na Casa da Cultura de Neda. Os nenos e nenas de 0 a 3 anos, asistiron coas súas familias ao espectáculo de cancións e arrolos, pasando un ratiño moi doce e entretido. Palma repalma fixo que os pais e nais se implicasen directamente no contacontos, participando das cancións e melodías. Un total de 52 persoas gozaron deste fermoso espectáculo.


O luns 5 de outubro , arredor de setenta nenos e nenas de entre 3 e 5 anos dos CEIPS San Isidro e Maciñeira, viñeron á Biblioteca Municipal de Neda participar no cantacontos de Raquel Galavís. Foi unha actividade moi entretida e dinámica, na que todos e todas cantaron e bailaron interactuando con Raquel, coa música do guitarrista acompañando e facendo pasar un moi bo rato. 



Séguenos