Un conto? Un xogo? un conto-xogo no Pino!!!!
O público asistente gozou co conto-xogo protagonizado por Tito e Tita, dous irmáns con moitas ganas de xogar.
A través da súa historia, reflexionaron sobre a igualdade, a inclusión e a amizade, vendo como os nenos e nenas, a pesar das diferenzas iniciais, aprenderon a compartir e divertirse xuntos. Despois da historia, todas e todos puideron experimentar o xogo favorito dos protagonistas: a croqueta, rodando polo chan entre risas.
Como despedida, levaron unha landra máxica, símbolo da loita contra os incendios e do poder da natureza para protexer o noso entorno.




























Séguenos