Os contos do avó na biblio de Ponteceso
Dirixido a maiores de 6 anos…
Dirixido a maiores de 6 anos…
O mago da Boina e a maga Nami entretiveron coas súas maxias contadas ao público familiar que participou e interactuou coa maxia dos contos.
Fran e Filipa encandiláronnos cunha actuación moi entretida e dinámica, que xogaba coa participación activa do público para facer a historia moito máis interesante.

Pedriño Mendrugo está a agardar por Xacinta. Namentres, dálle unha volta aos contos populares interactuando co público a través de cancións xestualizadas… logrando que maiores e pequenos desfruten da espera por esta misteriosa personaxe!



O día 16 de maio, para celebrar o día das Letras Galegas, na BPM de Ponteceso acompañounos Alba Farto, co seu taller para que os nosos artistas aprenderan a debuxar letras con moito arte e pasar unha tarde divertida e creativa.
O martes 23 de abril celebramos o día do libro na biblioteca municipal de Ponteceso. Veunos a visitar Faifá, unha ratiña de Lonxedetodo, que nos deleitou cuns contos para os nosos pequenos lectores. Contounos a historia do monstro de cores , entre outras, os pequenos cantaron e bailaron a canda a ratiña, pasando así unha agradable tarde na biblioteca.

Este venres 20 de outubro para conmemorar o día das bibliotecas, na biblioteca municipal de Ponteceso amenizamos a tarde dos máis pequenos ,e dos xa non tan pequenos, cunha sesión de títeres coa representación do clásico O traxe novo do rei. Unha actividade moi bonita na que as familias desfrutaron e participaron da actividade.
Hoxe na Biblioteca Municipal de Ponteceso visitounos “O lapis que non quería ir á escola” un espectáculo de contacontos para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos , no que se fomentaron valores entre os máis cativos e participaron activamente no conto. Posteriormente levouse a cabo un obradoiro no cal os nenos e nenas asistentes “escribiron/debuxaron” o seu propio conto “circular”cos persoaxes do contacontos.

Este xoves 22 de xuño para dar a benvida ao verán achegouse ata a biblioteca municipal de Ponteceso Xoan Curiel. Os asistentes ao concerto “Como montar a túa banda de verán”, poideron cantar, rir e bailar ao ritmo da música e participar activamente ao son que Xoan nos tocou.


Biblioteca Municipal de Ponteceso
O venres 14 de outubro poidemos disfrutar tanto nenos e nenas como adultos, na biblioteca Municipal de Ponteceso, do espectáculo “Somos iguais na maxia” de 2 Mind Comined. Combinando vídeos, sombras de figuras e trucos de maxia, Elisa e Ian crean unha peza única onde tratan a igualdade de xénero. Unha actividade fantástica onde os asistentes pasaron unha divertida tarde.


Séguenos