MAXIA CON HUMOR
Pedro Bugarín deleitounos co seu novo espectáculo 4(Igualdade) Maxia de catro a catro, interactuando cos nenos e pais, en clave de humor.

Pedro Bugarín deleitounos co seu novo espectáculo 4(Igualdade) Maxia de catro a catro, interactuando cos nenos e pais, en clave de humor.

A través da maxia mediante
historias, contos e xogos o mago Paco fixonos pasar unha tarde moi divertida na que os nenos e familias participaron activamente.
Contos, cancións, música, instrumentos, campás, animais,…tecido pola voz e a arte de Charo. Letra e música da súa autoría coas que nos fixo disfrutar e que a súa visita soubese a pouco.


Sivia Penide e César de Centi animaron a palabra que saíse da maleta co calor das palmadas e cores dos nenos e familias.
Mentres agardamos ao nacemento do paxariño, Vanessa, dende o seu xardín, vainos contando historias acompañada pola música de Tito Barbeito.

Os nenos da Escola Infantil, acompañados polas súas familias, axudaron os pitiños a atopar o arco da vella que alguén roubou. A sempre maxistral Charo Pita, con contos, cancións, percusións, rimas,..
logrou manter a atención dos pequechos.

A nosa pequena homenaxe a figura de Maruja Mallo. Os nenos, observando o cadro do Ciclista, deseñaron un autorretrato do deporte que máis lles gusta practicar.

Dentro das II Xornadas de Xénero, organizadas pola biblioteca, programamos unha actividade adicada aos máis cativos. “Contando en feminino” de Lisístra, acercou aos nenos aos contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

Unha homenaxe a Irlanda e Galicia, a través da magnífica interpretación de Charo Pita, que lle prestou a sua voz a Brian O’Brian, o home que non sabía contar historias. Os nenos de primeiro de bacherelato do instituto de Ponteceso foron os agasallados con estas narracións tradicionais irlandesas.

Os alumnos de teatro do IES Ponteceso foron os encargados de reproducir, mediante un obradoiro de teatro de sombras, algunhas das viñetas do autor, debuxando en cartolinas ou transparencias os personaxes e decorados para despois animalos a través dun teatriño.



Séguenos