“MAXIA ENTRE LIÑAS” – DANI GARCÍA- EN VIMIANZO
Hoxe, Día das Bibliotecas, os nenos de primaria de Vimianzo gozaron dun divertido espectáculo de maxia

Hoxe, Día das Bibliotecas, os nenos de primaria de Vimianzo gozaron dun divertido espectáculo de maxia

O Mércores, 22 de outubro, Pakolas compartiu a Semana da Biblioteca cos máis pequenos.
Alumnos de infantil de Vimianzo desfrutaron da actuación “A Ramona pequena vai a Lúa”Un marabilloso espectáculo de contos, humor e música, onde os nenos participaron activamente.

O día 23 de outubro chega o auditorio de Vimianzo con dúas actuacións “Novos lobos” para os nenos de primaria dos colexios do concello e Burromaquia para os nenos de infantil. Todos eles pásano en grande cos contos de burros e lobos, de lendas e cancións. unha actuación moi participativa e chea de humor…


Soraya chega á biblioteca de Vimianzo cunha maleta de libros. Con contos que rompen estereotipos, contos das avoas, cancións e música que fan felices aos máis pequenos.
Actividade moi participativa



Soraya chega a biblioteca cunha maleta de libros para contar os nenos de infantil de Vimianzo.
Algúns son contos para romper estereotipos, outros son os que contan as avoas, xogos de palabras…
Os nenos participan na actividade e divírtense moito

O mago Pedro Bugarín actuou para todos os nenos de primaria do Concello de Vimianzo.
Fixo varios xogos de maxia coa participación dos nenos e moito humor.
Os nenos divertíronse moito.

Paco Nogueiras actuou para os nenos de Vimianzo.
Cantou e contou temas do seu libro-CD do mesmo título.
Espéctaculo no que os nenos desfrutaron moito
O día 20 de outubro o “Mago Teto” visita Vimianzo para contarlles os nenos os “4500 Anos da incrible historia da maxia”. Os nenos desfrutaron da historia, da maxia e da diversión do espectácu

O día 19 de outubro o “Mago Paco” chegou a Vimianzo cun divertido espectáculo no que os nenos de primaria participaron activamente. “HOCUS POCUS”
O día 21 de outubro volveu a visitarnos con outro espectáculo para os nenos de infantil. Os pequenos quedaron encantados coa maxia e a diversión do Mago Paco

O 21 de Outubro Inacio Vilariño chegou ao Auditorio de Vimianzo con moitos contos de medo e moitos remedios contra esos medos.
Un espectáculo cheo de risas, cancións e moita participación do público





Séguenos