Moc Moc – MeRe Clown en Vimianzo
O 20 de outubro MeRe Clown contoulles os nenos de Vimianzo “A verdadeira historia de Hamelín”. Utilizou malabares, equilibrios, acrobacias, clow… para facer un espectáculo moi dinámico e entretido


O 20 de outubro MeRe Clown contoulles os nenos de Vimianzo “A verdadeira historia de Hamelín”. Utilizou malabares, equilibrios, acrobacias, clow… para facer un espectáculo moi dinámico e entretido



O día 19 de outubro os nenos de Vimianzo gozaron das historias de Artur Trillo: Rosa Caramelo, Bonobos con lentes, Artur e Clementina e outras historias

Os días 20 e 21 de outubro os nenos do colexio e das escolas de Vimianzo poideron desfrutar de catro sesións de contacontos con Soraya Lema e “Pedrina na Montaña”
Pedrina fuxe ó monte, logo de discutir con seu avó. Vive moitas aventuras, grazas a súa gran imaxinación, as pedras convértense en personaxes do conto.
O escenario desta narración é Pasarela, situado no municipio de Vimianzo polo que adquire maior interese para os nenos.


Os nen@s de primaria dos colexios de Vimianzo puideron gozar da maxia e do humor de Pedro Bugarín no auditorio de Vimianzo.

Os nen@s máis pequenos, de dous a cinco anos, acudiron a biblioteca de Vimianzo a ver o Mago Paco. Participaron en varías sesións onde a mistura de maxia e contos foi sorprendente. Unha actuación moi divertida

Mércores, 16 de outrubro
Dani Blanco trata o tema da violencia de xénero, da desigualdade, dun xeito diferente; sen palabras. A actuación ten momentos divertidos e outros onde nos amosa situacións dramáticas, todo isto a través da mímica, de malabares e da música.

O domingo 29, nenos e adultos gozaron con MeRe Clown e a súa forma de contar a historia de Hamelín, con malabares, xogos, moito humor e participación do público

O xoves, 25 de outubro, os alumnos das escolas de infantil de Vimianzo gozaron da música de Rock, mesturada con outros estilos, de Paco Cerdeira “Pakolas”. Cantaron, bailaron e coñeceron moitos instrumentos musicais.

Hoxe, 24 de outubro, Día da Biblioteca.
Os nenos de Vimianzo fan unha viaxe musical co teixugo Paio e con Roni.
Cantan todos xuntos: plátanos, o baile do tiburón, a familia sapo, Armando o armadillo, Ramón o camaleón..
Un concerto fantástico!
O martes 23 de outubro no auditorio de Vimianzo sintonizamos Radio Bulebule.
Os rapaces achegáronse ao mundo da radio co divertido Paco Nogueiras e a súa particular Radio Bulebule.
Bailaron ao ritmo das cancións, participaron nos seus concursos e cantaron con Paco. Tamén tiveron tempo para adentrarse na linguaxe de signos, coñecendo as vogais con ritmo musical.


Séguenos