“As andanzas de Paio” en Vimianzo
O día 21 de abril o teixugo Paio, despois de viaxar polo mundo, achegouse a Vimianzo para cantar e contar as súas aventuras

O día 21 de abril o teixugo Paio, despois de viaxar polo mundo, achegouse a Vimianzo para cantar e contar as súas aventuras

O 18 de abril, Fuco, o rato de biblioteca de Trinke Trinke e os seus amigos “os ratiños da caixa” animaron os nen@s de Vimianzo nunha sesión moi divertida.



O venres 7 de abril, os nenos de Vimianzo gozaron dun concerto con diferentes tipos de instrumentos e música de países como Brasil, Cuba, Xamaica, Estados Unidos.. grazas as aventuras dunha bolboreta moi musical.
Tódolos nenos cantaron e bailaron de aquí para alá ó son da música nun espectáculo moi participativo
O 17 de Xuño máis de 200 nenos de 3 a 12 anos despediron o curso escolar cos monicreques de Kukas.
Xan Perillán prepara a súa maleta máxica para viaxar a Pernambuco.
El e máis o seu loro Ravachol, que aparece e desaparece, fixeron gozar aos máis cativos nesta despedida de curso escolar.

O mércores día 20 de abril Paco Nogueiras fixo vibrar o auditorio de Vimianzo.
Os nenos e nesas participaron nunha viaxe musical ao longo dos doce meses do ano, cantando e contando sobre as estacións, o magosto, o samaín, o nadal… E para rematar todos xuntos cantaron Meu o mundo é!

Magín chegou en globo dun planeta moi lonxano para presentar en Vimianzo os seus libros e cantar unhas cancións cos nenos e nenas das escolas infantís. Cantaron cancións de “A nena e o grilo” “Gatuxo” e remataron cun poema musicado de Manuel María
nenos e nena de educación infanil do CEIP San Vicenzo e unitarias de Carantoña, Carnés e Castromil pasáronno en grande con Pepiña Maruxiña quere voar.
Hoxe a máxia foi a protagonista da animación a lectura para o alumnado de primaria do CEIP San Vicenzo e CEIP de Baiñas.
Na biblioteca de Vimianzo os nenos e nenas asistiron ó espectáculo “Conto contigo” con animación, máxia, animais…..Nenos e nenas participaron activamente do conto. Asistiron 40 nenos de 4 e 5 anos que foron despedidos por un rato máxico.
O mércores, 14 de maio, o auditorio de Vimianzo encheuse de nenos para ver un espectáculo de maxia e animación a lectura.
Chrystyan Magic introduce os nenos na maxia a través dun conto “Na senda da serpe alada”. Os nenos soben o escenario e colaboran activamente na sesión, axúdanlle a realizar os trucos e participan dende o público


Séguenos