Polo correo do vento de Florencio Delgado, visita a Biblioteca de Taboada
Gran participación de nenos/as nesta actuación de “polo correo do vento”. Encantados pola música e recital destes artistas.


Gran participación de nenos/as nesta actuación de “polo correo do vento”. Encantados pola música e recital destes artistas.


NOVO MAXIA PARA TODOS , EN TABOADA, O DÍA 22 DE XUÑO.
O mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante e versátil. Este show cambia, pero mantén a esencia da maxia.
ACTUACIÓN DO MAGO PEDRO BUGARÍN EN TABAODA , O DÍA 20 DE XUÑO, COA SESIÓN “GALICIA ILUSIONA COA MAXIA”
Grande participación de nenos/as de tódalas idades. Maxia divertida e moi participativa. Esta tarde de Biblioteca celebrado no polideportivo pola enorme afluencia de participantes.


Gran participación na obra de teatro de Rosa Caramelo; realizada o día 8 de outubro na Biblioteca de Taboada, con historias dos bonobos con lentes, Artur e Clementina, e Unha feliz catástrofe, de Adela Turin.

O día 15 de setembro, gran participación e diversión de nenos/as, co grupo musical de María Faltri e Jorge Juncal con moita música, persoaxes, baile, cancións, etc


O día 9 de setembro recibimos o “Mago Teto” cunha grande participación.
Grazas ós seus novos contos e por arte de maxia os contos foron acompañados de xogos, maxia e literatura.


Scape Room na Biblioteca de Taboada onde os mozos/as tiveron que seguir as pistas para poder escapar da biblioteca. Unha actividade moi entretida e interactiva, onde os participantes estiveron moi ocupados cada seu co seu robot.

O día 30 de setembro participou en Taboada “A Ciencia de Harry Potter” un espectáculo-charla científica de inspiración literaria. A través de experimentos espectaculares fomos percorrendo o mundo creado por J. K. Rowling e analizando desde a óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real ou non do universo literario de Harry Potter.
O día 28 de setembro a Biblioteca de Taboada contou co Mago Teto; nesta actuación mostrounos á xente a importancia da muller no mundo da maxia, coñecendo as súas historias e vidas.


Grande participación de nenos/as na biblioteca pública de Taboada neste espectáculo de cantigas de Martín Códax coa súa música orixinal.


Séguenos