Olga Abad e “A biblioteca que viaxaba no tempo” visitou Vilalba
O pasado venres 13 visitounos na biblioteca municipal de Vilalba Olga Abad co seu espectáculo “A biblioteca que viaxaba no tempo” criado para usuarias de entre 0 e 4 anos. A través da narración e apoiada en títeres de papel contounos a historia dunha pequena vila á que un día chega unha empresa constructora coa intención de transformala nunha cidade chea de xente triste. Será nos libros máis antigos da biblioteca onde atoparán as claves para devolverlle a alegría á xente.

Momento da representación do pasado venres



Gozamos dun espectáculo de rock infantil para público miúdo no que as protagonistas das cancións son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.



e Vilalba disfrutaron hoxe das historias de Marta Ortiz co espectáculo Cores





Séguenos