As bolboretas de Soledad Felloza na Biblioteca de Vilalba
Máis de 40 nenos e nenas, e outros tantos adultos disfrutamos o día 20 dos historias de Soledad Felloza. Os protagonistas foron afoutadas princesas, temibles leoas e moitas mulleres valentes. 
Máis de 40 nenos e nenas, e outros tantos adultos disfrutamos o día 20 dos historias de Soledad Felloza. Os protagonistas foron afoutadas princesas, temibles leoas e moitas mulleres valentes. 
O pasado venres, para celebrar conxuntamente o día da Biblioteca e o ano do Patrimonio, recibimos a Soledad Felloza que descubriu a nenos e nenas de dúas escolas cercanas historias incribles, pero sobre todo moi cercanas a eles. Mostrou deste xeito tesouros que só se coñecen na súa contorna axudando a entender a importancia de mantelos vivos.

O pasado venres, para celebrar o día europeo das línguas, visitounos Raquel Queizás co seu espectáculo “Ruta propia”. Grandes e pequenos desfrutaron con esta recreación do mundo de María Victoria Moreno.

Na biblioteca despedimos maio por todo o alto con dúas actividades. O mércores visitounos Trinke Trinke co seu espectáculo “Avós”, na que a ratiña Lili Gruyére cantou, contou e fíxonos pasar unha mañá fantástica aos asistentes. Xa o venres acompañounos Charo Pita, co seu espectáculo Dondondirindonga e Dondondirindón, fíxonos gozar moitísimo.





Contacontos no que os nenos e nenas realizaron unha viaxe polo medio do cosmos, coñecendo a formación dos planetas, estrelas, astros… dun xeito moi instructivo.
En Lonxedetodo, aldea dos Ratos da Biblioteca, hai unha gran artista de proxección internacional: Lilí Gruyére, que hoxe veu a celebrar connosco, a Biblioteca de Vilalba, o Día do Libro.

Actividade na que disfrutamos todos bailando, cantando e escoitando os contos dos Paxariños.


O día 4 de abril ás 11.00 h. celebramos o Día do Libro Infantil, coa actividade de Charo Pita “O curral de Cocoricoricó ”.
Nenos e maiores disfrutaron das aventuras e peripecias de Cocoricoricó e os seus compañeiros de curral na búsqueda do Arco da Vella.

Xogaron, cantaron e pasaron un momento de lecer en familia.

Con motivo da celebración das Letras Galegas, visitounos na Biblioteca Municipal de Vilalba o baxista Alvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña, co espectáculo de Manuel María con Maxia e Música”.

Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense.
Sesenta minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía.


Con motivo da celebración do Día do Libro na Biblioteca Municipal de Vilalba recibimos ao rato Fuco, que veu dende Lonxedetodo a cantar, xogar e contarnos o contos de “Riciños de Ouro”, e outras historias. Donde todos os nenos, nenas e maiores participaron activamente da actividade.


“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para todos os nenos e nenas que con motivo do día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil visitou a nosa biblioteca.


Séguenos