Bibliocanta na Biblioteca Municipal de Viveiro
Onte tivo lugar na nosa biblioteca o espectáculo Bibliocanta de Eduvía, no que os pequenos acompañados das súas familias desfrutaron bailando e cantando cancións populares galegas

Onte tivo lugar na nosa biblioteca o espectáculo Bibliocanta de Eduvía, no que os pequenos acompañados das súas familias desfrutaron bailando e cantando cancións populares galegas

Para celebrar o día das Letras Galegas 2025, o venres 16 de maio tivemos un obradoiro adicado a música tradicional galega. Os participantes, a través de diversas técnicas plásticas e mediante a inclusión de códigos QR realizaron unha peza audiovisual mediante a cal deron un repaso polo panorama musical galego


Para conmemorar o Día do Libro na Biblioteca de Viveiro o día 26 de abril desfrutamos da actuación do Mago da Boina e Nami, un espectáculo de maxia e humor a dúo, onde o público non é só un espectador, senón parte da maxia.


O sábado, 1 de xuño, na Biblioteca de Viveiro estuvo con nós Sarabela Teatro coa actuación “O lapis de Martín”.
Viñ
eron moitos nenos/as con algúns papás e
mamás e aprenderon moitas cousas, sobre todo como empregar a imaxinación.
O sábado 25 de maio pásamolo moi ben na Biblioteca de Viveiro. No obradoiro, Un libro e unha vaca, a rapazada aprendeu o que é un libro, aprecialo e telo en conta como unha valiosa ferramenta que os pode acompañar durante toda a súa vida.





Un espectáculo musical no que introduce os nenos/as no mundo da música onde se mesturan a narración oral e a música.
Dende as cancións como “O meu país” e outras… O artísta e músico propón un divertido e instructivo viaxe, para percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.

O día 14 de outubro tivo lugar na sala multiusos do Concello de Viveiro a actividade Contos do Mundo: as Viaxes de Irene. Os nenos e nenas de Viveiro viaxaron coa imaxinación ata Guatemala e outros lugares para coñecer culturas diferentes , poñendo en valor as distintas tradicións e ver o mundo con unha ollada positiva.



Na tarde do venres 15 de Septembro a Biblioteca Municipal de Viveiro contoú coa presenza de Yolanda Castaño. Esta coñocida escritora narrou para os asistentes a súa peripecia profesional, os obstáculos, prexuízos e conflictos que viviú na sua determinación de ser Muller, poeta, en galego e.. polo mundo!
Unha charla moi amena onde contounos como se sobrepuxo aos obstáculos, dificultades e actitudes patricarcais con enerxía e ata sentido do humor e onde deixounos ver a necesidade de seguir loitando pola emancipación femenina dende a esenza mesma da nosa literatura.
Actividade para pequenos e grandes, na que se interactúa coas actrices, dinámica e participativa. Introdúcenos ó mundo da lingua de Signos dun xeito lúdico.
Unha actividade inclusiva, na que se desfruta e se aprende a partes iguais. O conto fomenta valores, tales como, a amizade, o perdón, ou a empatia entre outros moitos.



Séguenos