CIENTIFICOS DE GALICIA

O día 06 de agosto, tivo lugar en Riós a actividade: Científicos de Galicia ás 11:30h. Unha actividade moi interesante e moi satisfactoria que cumpriu cos obxectivos e expectativas previstas.

O día 06 de agosto, tivo lugar en Riós a actividade: Científicos de Galicia ás 11:30h. Unha actividade moi interesante e moi satisfactoria que cumpriu cos obxectivos e expectativas previstas.
Biblioteca municipal de Riós.

Hoxe 22/07/2025, pola mañá, poidemos disfrutar da actividade Obradoiro de globoflexia 2.0- Maxia. Tivo unha excelente acollida, moi divertida. Unha mezcla moi interesante e con música moi animada.
O 10 de xullo tivo lugar a na biblioteca municipal de Riós, a actividade “Moitas formas de contar”, por parte de Violetta Della Rocca. Unha actuación moi interesante de animación á lectura. Utilizando a imaxinación os/as pequenos/as introducíronse nunha técnica divertida e descoñecida para a maioría. Aproveitáronse os exteriores da Biblioteca, tendo en conta as temperaturas do verán, pero tamén se levaron a cabo dentro da biblioteca para facer a actividade específica das sombras.


O día 14 de agosto levouse a cabo a actividade Chocolate, contemplada dentro das actividades do programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Tivo unha acollida excepcional e os asistentes disfrutaron moito.A nosa biblioteca municipal fíxose moi famosa.

l.


O día seis de agosto levouse a acabo o obradoiro: unha viaxe creativa polas estacións do ano.
Este obradoiro foi impartido polas Curuxas. Os asitentes traballaron arreo e aprenderon cousas novas na nosa Biblioteca Pública municipal de Riós.



O día 31 de xullo tivo lugar na praza do Concello o Obradoiro, Zonchos, colares que salvan as ánimas impartido pola Curuxas.
Unha actividade moi interesante e moi relacionada co noso concello, ao tratar temas tan interesantes cos adornos e símbolos protectores da natureza. todo elo tendo en conta que este concello é un gande produtor de castañas e celebra o samain e a colleita das castañas.
Os máis pequenos pasárono moi ben.


Onte 16 de xullo tivo lugar en Riós, a actividade de promoción da lectura: A nena que sabía falar cos animais, prevista dentro do programa Ler Conta Moito 2024.
A esta actividade asistiron os nenos e nenas do noso concello que participan doutras actividades, pero tamén desta en particular. Foi moi amena e interesante.
02 DE AGOSTO “Garavanciña e o esquío”. Musicar un conto. BML de RIÓS.
No día de hoxe tivo lugar na nosa Biblioteca municipal, a actividade: “Garavanciña e o esquío”. Musicar un conto.

Unha actividade moi divertida na que os máis pequenos aprenderon a utilizar instrumentos a apreciar a lectura. Moi interesante e divertida!!
Hoxe 27 de xullo, tivo lugar a actividade: descubrindo o mundo coa microbioloxía, a cargo de Fanny Medioambiente.
Unha actividade interesante, que acercou aos máis pequenos e pequenas ao mundo pequeno. Disfrutaron e aprenderon un montón.
Sorprendente!!! Hai que ver as súas cariñas.

O pasado 14 de xullo, tivo lugar a actividade ABELLAS con Avelino González, buscando promocionar a lectura na biblioteca Municipal de Riós . Tratouse dunha actividade moi divertida, creativa e innovadora.
Os/as máis pequenos/as puideron aprender en que consiste ser apicultor/a, apreciaron os produtos do mel e os seus derivados e tamén contaron coa colaboración do noso apicultor premiado pola calidade do seu produto David Souto Gago. Toda unha experiencia interactiva. MOI RECOMENDABLE!!!



Séguenos