A carteira de augasclaras


Hoxe tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Riós, a atividade: A carteira de augas claras, á cal acudiron moitos pequenos e pequenas que recibiron unha importante mensaxe o respeto e a igualdade entre todos.


Hoxe tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Riós, a atividade: A carteira de augas claras, á cal acudiron moitos pequenos e pequenas que recibiron unha importante mensaxe o respeto e a igualdade entre todos.
O 31 de xullo tivo lugar na Biblioteca de Riós a realización da actividade: A biblioteca secreta.
Unha actividade moi instructiva que lles gustou moito ós asistentes.
O día 23 de xullo, tivo lugar a actividade: “Se as árbores falaran”, contemplada dentro do catálogo do Programa Ler Conta Moito, na Biblioteca de Riós por parte da Compañia: Charlatana Cooperativa.
A actividade fíxose ó aire libre e foi moi divertida e cívica, pois tratábase de que os/as asistentes descubrisen o importante que é valorar o medio ambiente e o planeta onde habitamos.
Igualmente se lles trasladou a necesidade de ler e de contarlle a todos o aprendido nesta actividade


O 17 de xullo de 2019, tivo lugar na Biblioteca Pública de Riós a actividade: “A Máquina do Tempo”, realizada pola compañía: Urdime Teatro.
A actividade foi moi divertida e instructiva xa que a temática ía sobre as distintas civilizacións, debido a que o tempo o permitía e facía moita calor a actividade realizouse ó carón da biblioteca na praza pública.



Manuel contounos o relato da princesa dos beizos de fresa que foi a o bosque a procura do seu principe para o baile, despois algúns dos nenos volveron a interpretar os personaxes facendonos gozar a todos do conto
Coa axuda de Patricia e a colaboración dos nenos convertemos a nosa biblioteca nunha marabillosa fábrica de contos, onde as historias imaxinadas transfórmanse nun conto feito por nosas propias mans, unha fermosa experiencia.



Os nenos participantes comprobaron que podemos gozar e pasalo ben mentres aprendemos coñecementos cientificos coa construcción dun foguete. O mais emocionante é ver o resultado, o lanzamiento do noso foguete, unha experiencia inesquecible.

Os nen@s con axuda da nosas compañeiras de fotoconto, propuxéronnos crear entre todos nós un conto marabilloso “A AVENTURA”onde descobren as nosas personaxes, no que o maior tesouro é a amizade compartida.

MAXIA DIVERTIDA 2.0 DA MAN DO MAGOPACO NA ALM DE RIÓS
O Mago Paco encheunos de maxia, ilusión e moitas gargalladas a través dos seus contos; o pirata calabrote, as tres galiñas e pavo real…fixo trucos de maxia na que participaron os nenos, nas que nos trasmitiu a maxia da lectura, e que nunca perdamos a ilusión por ler e imaxinar as historias que acontecen nos libros.



O 17 de agosto @s nen@s de Riós participaron dunha actividade moi divertida na biblioteca municipal de Riós, co grupo Sarabela Teatro.


Séguenos