“Conta Músicas” na B.P.M. a Ponte
Venres 29 de agosto as 11 horas, a biblioteca encheuse de maxia coa visita dun contacontos moi especial. A actividade levounos de viaxe á Prehistoria, combinando narración oral con música en directo.

Venres 29 de agosto as 11 horas, a biblioteca encheuse de maxia coa visita dun contacontos moi especial. A actividade levounos de viaxe á Prehistoria, combinando narración oral con música en directo.

Martes 22 de xullo as 11 horas tivemos a visitas de dous piratas moi especias, contou cunha alta participación do público infantil, que colaborou activamente con xestos, cancións e bailes. A aventura pirata resultou divertida e dinámica, mesturando misterio, humor e aprendizaxe sobre a vida no mar.


O martes 8 de xullo as 11 horas Carmen Domech estivo na biblioteca onde nos contou tres historias, duas mais curtas e logo a do Grúfalo.


Venres 23 de agosto tivemos un conto interactivo e participativo no que os nenos e nenas acompañaron a Zog na Escola de Dragóns. Todos xuntos aprenderon a comportarse como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón.


O martes 30 de xullo celebrouse un contacontos organizado por Antela Editorial. A sesión incluíu historias breves e participativas, e para finalizar realizouse un obradoiro de rimas, fomentando a creatividade e a colaboración entre os asistentes.

Agradecemos a todos pola súa participación e agardamos vervos en futuros eventos.
O luns 8 de xullo Sabela coa súa expresividade e talento, captou a imaxinación dos máis pequenos.


Disfrutamos dunha narrativa participativa chea de aventura e fantasía.
Xoves 27 de xullo o Mago Teto fíxonos pasar unha hora chea de maxía e diversión.


O venres 21 de xullo contamos coa dramatización das aventuras de Cecilia unha nena que recibe unha carta moi especial dende o pais dos bonecos. Ingrid, a súa boneca, está atrapada e precisa axuda para converterse en humana… “Só por amor doutra humana conseguirás abrir as portas que te conducirán á liberdade”.


Compañia A Run Run, grazas pola vosa profesionalidades.
Mércores 31 de agosto tivemos a derradeira actuación do programa LER CONTA MOITO.
Contos Animados é un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques e participación do público.


O mércores 10 de agosto, Iván estivo na biblioteca para contarnos 3 historia de tres animais artistas, moi especiais.





Séguenos